Esta é unha foto sacada polo amigo Berto do fantástico espectáculo de Chris Isaak en Ourense (no seu Flickr veredes moitas máis).
Dende logo, os vellos rockeiros nunca morren e Chis Isaak está en plena forma. Vestiuse coma Elvis, camiñou entre o público cantando “Love me Tender”, percorrendo o xardín do Posío coma se tal cousa, e él maila súa banda dedicáronnos dúas horas e pico de concerto.
Rememoramos os vellos temas, deixándose querer nos dous “bises” que fixeron, interactuando co público e coa xente que subiu ao escenario, e rematando a función co clásico “Blue Hotel” e “Pretty Woman“.
Non esperaba moito do concerto, e agora repetiría sen dudalo.