O próximo luns día 18 de abril ás 19:00 horas, na sala de proxección do Forum Metropolitano, terá lugar un Cineforum sobre cambio climático organizado pola Concellería de Medio Ambiente, no que se proxectará a película: “Tukki, A Pegada Ambiental”, que reflicte a viaxe que se ve obrigado a emprender un mozo senegalés desde a súa aldea, situada ao sur do país e próxima a Tambacounda, ante a degradación do chan e a deforestación que sofre a súa contorna.
A proxección da pelicula vai acompañada dun debate posterior no que participarán expertos no campo da sustentabilidade, coma a miña compañeira Adina Dumitru, investigadora no Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da UDC e coordinadora do Proxecto GLAMURS, que investiga como promover estilos de vida sustentábeis impulsados dende as propias comunidades locais e as innovacións sociais.
Tamén participará Pablo Meira (profesor da USC na área de Teoría e Historia da Educación), con quen tiven o pracer de desenvolver o estudo “El periodista ante el “Prestige”: la función social y educadora del periodista durante la catástrofe“.
No coloquio Participarán tamén Xosé Veiras (biólogo e ecoloxista) e María García (Concelleira de Medio Ambiente do concello da Coruña).