I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios

Publicado: 23 noviembre, 2022 en Actualidade

Moi orgullosa de organizar, esta semana, o  “I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios” .

Neste congreso buscamos xerar un espazo de diálogo e aprendizaxe, a través da presentación de experiencias, investigacións e debates interdisciplinares entre expertos no eido da educomunicación e da cultura libre, e activistas, investigadores e docentes da comunicación participativa. 

Entre o programa do congreso destacan as conferencias de JOSÉ EMILIO PÉREZ MARTÍNEZ, quen impartirá a Conferencia inaugural: A traxectoria das radios libres e comunitarias como escolas de radio por e para a cidadanía; das profesoras da UDC MARÍA BARBA e PATRICIA DIGÓN; de SALLY GALIANA, directora da radio comunitaria dublinesa Near FM; da directora do proxecto  Teleduca. Educació i Comunicació, CARME MAYUGO, de Barcelona; e dos activistas SOFÍA PRÓSPER e SANTIAGO SAAVEDRA, creadores de TRAKULA Project: Loitando contra o capitalismo da vixilancia en Internet. 

O congreso reunirá a máis de 30 relatores que representan ao sector dos medios comunitarios españois e internacionais coma OMC Radio, Radio Moratalaz, AMARC, Near FM (Dublín), o CMFE, ONGs e entidades de solidariedade coma a institución PADRE RUBINOS ou as ONGs ECOS DO SURAGARESO, ACCEM, Arquitectos sen Fronteiras, e proxectos de educomunicación coma PONTE NAS ONDAS, PROXECTO NEOA FUME DE CAROZO, ou dos recentemente gañadores dun Premio ONDAS, a emisora malagueña ONDA COLOR.

O congreso está organizado por CUAC FM, a Radio Comunitaria de A Coruña, coa financiación do CONCELLO DA CORUÑA, e a colaboración científica do Grupo de Investigación Persona-Ambiente de la Universidade da Coruña, a Red de Investigadores en Comunicación Comunitaria, Alternativa y Participativa (RICCAP), a Red de Medios Comunitarios (ReMC), e o Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira.

DESCARGA O PROGRAMA DO CONGRESO:

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s